Unha vez temos ensamblado e conectado o noso Escornabot, co seu firmware instalado, podemos darlle comandos mediante pulsacións de botoeira:
Forma directa
Empregando a súa propia botoeira física: este é o uso primixenio e orixinal co que foi concebido, ideal para descubrilo, aprender cómo funciona e realizar as primeiras tarefas con el (que non é pouco!).
Nesta forma de programación, o propio Escornabot interpreta os comandos que lle damos, pero non podemos salirnos de ahí nin alterar o seu compartamento fundamental. Ainda así, pódense chegar a facer actividades realmente complexas.
Forma inhalámbrica
Se contamos co módulo Bluetooth no noso Escornabot, podemos facer o mesmo que no apartado anterior pero tendo o teclado no noso móbil ou tableta.
Esta opción danos un extra de liberdade física que pode ser útil, pero non engade nada no aspecto funcional do propio Escornabot.