Nesta guía atoparás os pasos necesarios para poder instalarlle ao teu propio Escornabot o firmware que fai que funcione.
Material necesario
Antes de continuar, precisas tres cousas:
1. Ordenador + cable USB
Ademáis do teu ordenador, necesitarás un cable USB que permita conectalo co teu Escornabot: trátase dun cable USB estándar, aínda que pode ser de dous tipos, dependendo de que modelo específico de microcontrolador Arduino Nano leve o teu robot.
2. IDE de Arduino
Trátase da contorna de desenvolvemento integrada (Integrated Development Environment) de referencia (é dicir, da propia casa) para os microcontroladores da familia Arduino, e que podes descargar dende a propia web de descargas de Arduino.
Aconsellámosche que instales a versión de escritorio (Desktop) que non precisa conexión a Internet unha vez instalada. Asegúrate de instalar a versión que corresponda co teu ordenador (Windows, Mac ou Linux).
Se precisas axuda para instalo, podes seguir as indicacións dos propios creadores.
3. Firmware do Escornabot
O firmware é o programa que se instala no propio microcontrolador Arduino Nano do robot, e que é o encargado de facelo funcionar.
Podes descargalo directamente dende este enlace, sacado da propia páxina do proxecto onde o temos publicado e accesible para calqueira.
Unha vez descargado, descomprime o arquivo baixado (escornabot-firmware-DIY-stable.zip
) nalgunha carpeta do teu ordenador (por exemplo no propio escritorio): verás que dentro da carpeta descomprimida aparece outra chamada Escornabot
, que é a que contén o programa/firmware propiamente dito.
Procedemento
Unha vez descargado e instalado o IDE de Arduino, e descargado e descomprimido o firmware do Escornabot, so che queda o proceso de instalación no robot. Podes facelo con estes simples catro pasos:
1. Fai dobre clic sobre o ficheiro Escornabot.ino
que está dentro da subcarpeta Escornabot
do firmware que descomprimiches no paso anterior: debería abrircho automáticamente co IDE de Arduino.
2. Conecta o Escornabot ao teu ordenador usando o cable USB.
3. Configura o IDE de Arduino dende o menú Herramientas
cos valores apropiados, tal e como se ven na imaxe: Placa (=Arduino Nano), Procesador (=ATmega328P Old Bootloader) e Porto (isto é específico para o teu ordenador, e pode ser COM3
, COM4
, ttyUSB0
, ttyACM0
etc. etc.).
4. Finalmente, pulsamos o botón Subir
para cargar o firmware no propio robot Escornabot: isto iniciará un proceso que se mostrará entre a liña de estado, a barra de progreso e a sección inferior da ventá (a parte negra baixo a liña de estado e a barra de progreso).
O proceso estará rematado cando apareza o texto «Subido» na liña de estado. Se todo foi ben, xusto cando remate, deberías escoitar pitar ao teu Escornabot: está vivo!
voltar ó índice