Ensamblaxe do Escornabot Brivoi Audacius-DIY

Tes tódalas pezas que fan falla? Comprobao antes de comezar botándolle un ollo ó listado de pezas necesarias para montar un Escornabot Brivoi Audacius‑DIY.

Bótalle un vistazo tamén a esta explicación sobre a millor maneira de poñer un parafuso. Ten en conta que se metes torcidos os parafusos, ou os apretas demasiado forte, podes estropear as pezas. A consigna é: firme pero delicado.

Hai 14 parafusos idénticos (punta afiada, de tipo rosca chapa) e 2 parafusos distintos (punta plana, de tipo rosca métrica), que son -xunto cas porcas- para as rodas (último paso).

Paso 01

soporte das pilas + soporte dos motores (1 parafuso)
apreta ben o parafuso para que estas pezas non se movan entre si

Paso 02

motores (4 parafusos)
fíxate ben na orientación dos cables e o eixo do motor

Paso 03

soporte do teclado (1 parafuso)
fíxate que so hai que poñer un parafuso neste paso (e fíxate onde)

Paso 04

soporte da electrónica (1 parafuso)
hai que deslizar/encaixar a peza antes de poñer o parafuso

Paso 05

controladores dos motores (2 parafusos)
fíxate ben na orientación das placas

Paso 06

Pilas + soporte da bola tola + bola tola (2 parafusos)
fíxate ben na orientación do portapilas (mira os cables)

Paso 07

soporte do interruptor + interruptor (1 parafuso)
primeiro monta o interruptor no soporte e logo aparafusao coma se ve

Paso 08

teclas da botoeira
fíxate ben na posición

Paso 09

teclado + cuberta do teclado (2 parafusos)
fíxate na orientación do teclado (cables) e da tapa (burato dos cables)

Paso 10

Arduino + placa de prototipado
fíxate ben na posición dos pins e na orientación

Paso 11

Instalación do Arduino
desliza para encaixar (non fai falla pegalo)

Paso 12

rodas (1 parafuso + 1 porca + xunta tórica)
inserta a porca na ranura antes de enroscar o parafuso (so un pouco, non de todo)

Paso 13

montaxe das rodas
alinea ben as rodas cos eixos (fíxate nos chafláns planos) asegurándote de que os parafusos deixan espacio suficiente, logo empuxa as rodas polo centro para encaixalas nos eixos e apreta os parafusos ó final

Resultado final

Escornabot completo

seguinte paso: electrónica

voltar ó índice