Podemos engadir un módulo Bluetooth Low Energy (BLE), coma por exemplo o HM-10, para dotar ó noso Escornabot de conectividade Bluetooth, o que nos permitirá controlalo remotamente.
Conexionado
Para elo, basta con engadir estas cinco conexións e dúas resistencias adicionais á montaxe inicial:
- As resistencias R1 e R2 conforman un divisor de voltaxe que serve para adaptar os 5V de saida TTL do pin TX do Arduino ós 3.3V de entrada do módulo BLE HM-10.
- O cable/ponte rosa está debaixo do Arduino Nano, para extender a conexión á terra (GND) ate a primeira columna inferior da protobard, onde está conectada a resistencia R1.
Habilita o Bluetooth no firmware
Para poder empregar a conectividade Bluetooth no Escornabot, debes asegurarte de que está HABILITADA no seu firmware: antes de compilalo e subilo, edita o ficheiro Configuration.h
e busca e comproba que a seguinte liña está habilitada (=true
), tal que así:
#define USE_BLUETOOTH true
Aplicación de control
Unha vez montado o módulo BLE e habilitada a conectividade Bluetooth no teu Escornabot, necesitarás algo para enviarlle comandos: tipicamente será unha App que poderás instalar no teu móbil ou tablet.
Para dispositivos Android temos dispoñible unha aplicación de control (Escornabot.apk) open-source creada con MIT AppInventor da que podes atopar toda a información no repositorio github.
Para dispositivos iOS podes usar Escornabot BLE App, un proxecto tamén open-source desenvolto por Ismael Serrano e que podes atopar no seu github.
Tamén, se che gusta fedellar por ti mesma, podes empregar calqueira App BLE, Escáner ou ferramenta que che permita conectarte e enviarlle caracteres ó módulo: poderías enviarlle calqueira dos seguintes [n, w, g, e, s, N, W, G, E, S]
seguido por un avance de liña (LF
ou \n
) a modo de comandos (north, south, east, west e go, versión pulsación longa en maísculas).
Renomear o robot/módulo bluetooth
Se queres renomear o robot/módulo bluetooth para personalizalo, podes facelo empregando o propio Escornabot e usando o programa rename que está dispoñible no repositorio: ábreo co Arduino IDE e segue as seguintes instruccións:
- Cambia o nome do robot na liña de código que pon
#define BOTNAME "ESCORNABOT"
, sustituíndo ESCORNABOT polo que ti queiras (deixa as comiñas). - Desconecta o cable VCC do módulo bluetooth.
- Sube este programa ó teu Escornabot (tes un exemplo de como eiquí).
- Reconecta o cable VCC ó módulo bluetooth e reinicia o Escornabot: despois de dous segundos debería parpadear dúas veces o LED da placa (primeira comprobación), e dous segundos máis tarde, debería parpadear cinco veces máis se todo foi ben (segunda comprobación). Neste punto o módulo xa ten o novo nome.
- Reinstala agora de novo o firmware do teu Escornabot (mira eiquí como facelo), pero lembra desconectar o cable VCC do módulo antes de subilo e reconectalo ó rematar).
Ainda que o módulo bluetooth renoméase de forma inmediata, pode ser que as Apps de control ou o teu teléfono lembren durante un tempo o nome anterior: dalle algo de tempo ate que se refresque.
Se desexas manexar ti directamente o módulo BLE dende o ordenador para cambiar outros parámetros de configuración do dispositivo, podes empregar as instruccións sobre como facelo que publicamos eiqui.