O mBlock-3 é unha contorna de programación gráfica por bloques (baseada na máis coñecida Scratch) que permite programar mediante bloques gráficos visuales, o que simplifica a tarefa e axuda a iniciarse (crianzas incluídas).
Ademais, mBlock-3 ten tres características adicionais que o converteron nunha ferramenta indispensable:
- É open-source (o seu código fonte está libremente dispoñible para todo o mundo) e gratuíta.
- Permite programar tamén microcontroladores (da familia Arduino), xa que foi concebida para programar robots baseados neles (como o mBot, o mRanger etc.).
- Permite o creación e uso de extensións: calqueira pode engadir funcionalidades extra á contorna.
Descarga e instalación
Podes ir ti á páxina de descargas de mBlock, buscalo e descargalo (asegúrate de baixar a versión 3 para Windows e MacOS, ou a 4 para Linux, pero non a 5, que non sirve), ou usar os seguintes enlaces directos:
Unha vez descargado, instalao como farías con calqueira outro programa.
Emprego
Para usalo precisamos, ademáis do propio Escornabot, un ordenador e o cable USB de conexión do Escornabot (é un cable estándar, pero que depende da placa Arduino específica que teñas no teu, xa que pode ser mini-USB ou micro-USB).
Se temos un Arduino Nano moderno, dos que levan o bootloader actualizado, teremos que convertilo ao formato vello empregando esta guía, para que sexa compatible co mBlock-3/4.
Empregando a extensión Escornabot Rt (ver a continuación), podemos re-programar completamente o noso Escornabot, cambiando incluso (se queremos) o seu comportamento fundamental, xa que estaremos sustituindo o seu firmware por un programa novo propio (se o precisamos, sempre poderemos voltar ao firmware orixinal).
Extensión Escornabot Rt
En ROBOteach creamos a extensión chamada Escornabot Rt ca que se pode programar calqueira Escornabot directamente dende o mBlock-3. Con esta extensión podes, ademáis de replicar o que xa facía o robot orixinalmente, crear comportamentos e funcionalidades completamente novas.
Para instalala, simplemente abre o mBlock-3, vai ao menú Extensions
opción Manage Extensions
, teclea no campo de búsqueda Escornabot Rt
, e dalle á opción Download
. Os novos bloques aparecerán na sección Robots.
Se queres descargar manualmente a extensión ou saber mais sobre ela, podes ir ó repositorio público do proxecto. Calqueira aportación ou suxerencia será benvida.