Soldadura e ensamblaxe do teclado Escornabot

Esta é unha pequena guía sobre cómo montar un teclado de Escornabot. É un proxecto open-hardware (público, dispoñible e que calqueira pode empregar) do que podes atopar información na páxina do seu repositorio (incluíndo como conseguir a placa PCB).

5x resistencias 10kΩ, 1x placa base (PCB), 5x teclas, 2x cables e 5x pulsadores
Colocación das resistencias no seu lugar
Soldadura de compoñentes: 1. Quentamos 2. Aplicamos estaño 3. Retiramos estaño 4. Retiramos soldador
Recortamos as patas sobrantes (suxeitando para que non saian disparadas)
Colocamos e soldamos os pulsadores (como coas resistencias): requiren algo mais de calor e estaño.
Recortamos e pelamos os cables de conexión
Estañamos as puntas e soldámolas nos buratos do conector (pola parte superior!)
Montamos as teclas e obtemos o resultado final!

voltar ó índice