Escornabot con pilas recargables

Para poder conseguir a mesma voltaxe de traballo para o Escornabot coas pilas recargables que coas pilas normais, é necesario engadir unha quinta unidade, é dicir: 5x pilas recargables equivalen a 4x pilas normais.

O problema cos cargadores máis habituais (e económicos) é que funcionan por pares (2 ou 4 pilas á vez), e por iso tamén as pilas soen venderse en paquetes de 2, 4 ou 8 unidades.

Nos atopamos un fabricante (EBL) que ofrece cargadores independientes (podes cargar cada pila por separado) e que ademais proporciona un paquete de 10 pilas recargables. Con estes produtos é posible ter dous xogos de 5 pilas recargables que podemos usar e cargar de forma alternada, ideal para o noso Escornabot:

Se empregas o Escornabot nun aula (ou de forma habitual), é unha inversión que acabarás recuperando moi pronto e, ademais, contribues a mellorar a túa pegada ecolóxica ao producir menos e-basura.