Obradoiro A.V. San Miguel de Oia

Obradoiro Escornabot

Miguel Gesteiro, membro de A Industriosa, proponnos una actividade para que vos iniciedes no apaixoante mundo Maker, da robótica e da programación. Montaredes primeiro un robot Escornabot, e logo descubriremos xuntos como funciona e que podemos facer con el, levando a cabo actividades creativas, educativas e divertidas que poderedes seguir facendo – ou incluso inventando – pola vosa conta na casa.

Podes inscribir aos teus nenos (e non tan nenos) de dúas maneiras:

  1. Nen@s de 6 a 12 anos, acompañados dun adulto
  2. Rapaz@s de 12 anos en diante, poden vir sos

Aclaración: estes límites non son ríxidos. Se o teu neno é suficentemente capaz e queres deixalo so ou, ó contrario, se queres acompañalo a pesar de ser maior, está ben.

1. Nenos 6 a 12 anos

Esta modalidade está pensada para que reforces o vínculo coa túa nena ou neno, sexas a súa nai, o seu irmán maior, a súa madriña, o seu avó ou o seu tío adoptivo: construír e aprender facendo algo xuntos é xenial.

2. Rapaz@s de 12 en adiante

Nesta modalidade o rapaz@, que xa é autosuficente, traballará de forma autónoma e independente (contando sempre ca axuda e supervisión dos monitores da actividade).

O robot

O Escornabot é un robot educativo programable deseñado e creado en Galicia cun longo percorrido xa. É un proxecto open-source de fontes libres (Miguel é un dos contribuidores), na que todos os materiais e documentación son públicos e están dispoñibles para que ti poidas facer con elo o que queiras. Foi creado pola nosa potente comunidade Maker Galega e, tanto se simplemente queres usalo e facer cousas con el, coma se o que che gusta é fedellar o proxecto é perfecto e da de si.

Datos da actividade

Data: 3 xullo do 2021
Horario: das 10:30 ás 13:30 h
Idades: dúas modalidades
· Nen@s 6-12 anos cun adulto
· Rapaz@s 12 anos en adiante sós
Requisitos: non precisas traer nada salvo as ganas! (nós poñémolo todo)
Prazas: tan so hai 10 (neno+adulto=1 praza)
Prezo: (*)
· 5 € sen robot (desmarca a opción máis abaixo)
· 20 € e leva o robot para casa

Inscrición

Enche o seguinte formulario e dalle ao botón INSCRIBIR para solicitar a túa praza: recibirás no enderezo de correo-e proporcionado as indicacións para o pago e a confirmación da mesma.

    Nen@ ou Rapaz@

    Pai/Nai/Titor ou acompañante

    PROTECCIÓN DE DATOS
    Responsable: RoboTeach | Finalidade: responder á súa solicitude. | Lexitimación: o seu consentemento. | Destinatarios: os datos non se cederán a terceiros salvo por obligación legal. | Dereitos: entre outros, a acceder, rectificar, limitar e suprimir os seus datos. | Información adicional: Política de privacidade.

    Cartel do obradoiro
    Kit de Escornabot
    Kit Escornabot do obradoiro
    Robot Escornabot Brivoi
    A.V. San Miguel de Oia